Mochila

Coa mochila andamos de novo

Comezamos coas mochilas viaxeiras de novo. 
A partir do 13 de xaneiro podedes pasar a recoller as mochilas. 
As recollidas faranse no 2º recreo e as devolucións no 1º recreo.
Animádevos a participar!
 
 Aquí tedes os alumnos gañadores do concurso de logo e lema da mochila viaxeira deste curso. Felicitacións a
1º premio: Ángela MARTÍNEZ CALVIÑO, de 1º ESO-B

2º premio: Ruth Dahiana RAMÍREZ BENÍTEZ, de 1º ESO-B









A mochila viaxeira
Co obxectivo de fomentar a lectura, puxemos en marcha este proxecto destinado ao alumnado de 1ºESO e as súas familias por segundo ano.

Ilustración de Carla García Bértoa, de 1º ESO-D

Cada venres, durante o segundo recreo, unha alumna ou un alumno de cada grupo de 1º ESO  ven seleccionar o material que levará para casa esa semana na súa mochila : bandas deseñadas, novelas, cine, sopas de letras, libros sobre a adolescencia ou sobre papiroflexia ou recetas de cociñas. A enquisa que nos remiten as familias é valiosa para valorar a eficacia deste proxecto, e poder melloralo.