16 de diciembre de 2015

UNHA EXPOSICIÓN IMPRESCINDIBLE

  • Manuel Pailós, s/t. Técnica mixta sobre táboa, Colección Afundación

 Luís Seoane, «Muller con chal». Óleo sobre lenzo, Colección ABANCA


 Mario Granell, «La familia del guerrero». Óleo sobre lienzo, Colección Afundación.


Isaac Díaz Pardo, s/t (retrato de catro personaxes). Óleo sobre lenzo, Colección ABANCA


Do 19 de novembro ao 30 de xaneiro a Sede Afundación da Coruña acolle a exposición «A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración», que nos achega a arte realizada por creadores galegos desde fóra de Galicia, en América e Europa, ao longo de boa parte do século XX.

O horario da exposición é de luns a venres de 17.00 a 21.00 e sábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h.

A exposición atende a tres núcleos fundamentais: a presenza da emigración na obra de Castelao como tema social e cultural na Galicia das primeiras décadas do século XX; os artistas exiliados en América tras a guerra civil; e as novas xeracións formadas na posguerra que encabezaron unha nova diáspora, esta vez dirixida cara ao centro do sistema cultural dominante, Madrid.

A Área Educativa de Afundación organiza a carón desta mostra tres visitas-obradoiro orientadas a escolares de todos os ciclos educativos, e tamén visitas comentadas e obradoiros para grupos e colectivos de todas as idades, adaptadas ás necesidades e inquedanzas dos usuarios.
Ademais, visitas comentadas de asistencia libre os mércores e os venres ás 19.00 h.


24 de noviembre de 2015

CLUB DE LECTURA.LET´S GO

O próximo luns 30 tedes unha cita do Club de Lectura de Inglés no recreo. Non o olvidedes.
 

22 de noviembre de 2015

FOTOS CON PÉS POLA CIDADE VELLA

Con motivo da inminente visita á Cidade Vella da Coruña dos alumnos/as de 4º ESO, premiamos a mellor fotografía (por grupo de traballo) -con pé de foto- do itinerario pola Cidade Vella. Enviádea ao correo: biblio.leborís@gmail.com ata o venres desa semana.


CLUB DE LECTURA. A VOLTAS CON LEDICIA COSTA

Mañá luns 23 temos un novo encontro do club de lectura. Rematada a lectura de Un animal chamado néboa teremos unha nova xuntanza para falar desta impactante obra e facer propostas de novas lecturas. Vémonos no recreo con doces e lecturas. Os doces serán imprescindibles nesta ocasión para poder dixerir o que vimos de ler.


15 de noviembre de 2015

IRMANDADES DA FALA E EMILIA PARDO BAZÁN EN LEBORÍS

Mañá luns 16 de novembro, as IRMANDADES do IES Agra de Leborís teñen unha cita ás 15 horas nas aulas de Informática do centro. Obxectivo: resolver o cuestionario sobre as Irmandades  e Emilia Pardo. Collede folgos para mañá e moitos ánimos.


4 de noviembre de 2015

REUNIÓN CLUB DE LECTURA. DOCES LECTURAS


Iniciamos a andadura do club de lectura DOCES LECTURAS. Para esta primeira reunión Teresa Fiaño suxeriu como lectura a obra dunha autora galega, Ledicia Costas, que ven de gañar o premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, Un animal chamado néboa.


 AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA ENTREVISTA COA AUTORA PARA IR FACENDO BOCA



https://biosbardia.wordpress.com/2014/10/13/ledicia-costas-a-mina-primeira-novela-escribina-con-14-anos/


Celebraremos areunión o próximo luns 9 de novembro no 2º recreo na Biblioteca. Vémonos o luns e falamos

23 de octubre de 2015

SAMAÍN NA BIBLIOTECA. LEMOS DE MEDO

Participade na actividade de lecturas dramatizadas de textos de medo e terror que estamos preparando na biblioteca. Contamos coa vosa imaxinativa e terrorífica colaboración.

GONZALO HERMO GAÑA O MIGUEL HERNÁNDEZ DE POESÍA

O galego Gonzalo Hermo gaña o «Miguel Hernández» de poesía nova. A súa obra «Celebración», escrita en galego e publicada pola editorial Apiario, conseguiu o premio nacional

 
Le a noticia en

20 de octubre de 2015

CLUB DE LECTURA

 

Mañá mércores 21 reúnense na biblioteca os lectores e lectoras dos distintos clubs de lectura.
Para que vos poñades canto antes a ler, aquí van as propostas de lectura. Vémonos na biblioteca



CLUB DE LECTURA EN INGLÉS
ALUMNADO: 1º E 2º ESO
COORDINADORA:  BEATRIZ EIROA
PROPOSTA DE LECTURA: A ghost of collection. Anne Stanmore
 
   Who are the young boy and girl that appear in Miss Dodson's house and what are they looking for? Why do the boys at Harry's boarding school think he's crazy and why does a mysterious priest come to visit him? Who is the girl who haunts Sarah's new house and want to take control of her? Find the answers to these questions in this ghostly collection










CLUB DE LECTURA EN GALEGO
ALUMNADO: 1º E 2º ESO
COORDINADORAS: MARISA FARIÑA E TERESA FIAÑO
PROPOSTA DE LECTURA: Escarlatina, a cociñeira defunta . Ledicia Costas



Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
 
CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN
ALUMNADO: BACHARELATO
COORDINADORAS: TERESA LÓPES SANCOSMED
PROPOSTA DE LECTURA: La Celestina. Fernando de Rojas


CALISTO.
En esto veo, Melibea, la grandeza de Dios
.MELIBEA.
¿En qué, Calisto?
CALISTO
En dar poder a natura que de tan perfecta hermosura te dotase, y hacer a mí, inmérito, tanta merced que verte alcanzase, y en tan conveniente lugar, que mi secreto dolor manifestarte pudiese. Sin duda, incomparablemente es mayor tal galardón que el servicio, sacrificio, devoción y obras pías que, por este lugar alcanzar, yo tengo a Dios ofrecido. ¿Quién vido en esta vida cuerpo glorificado de ningún hombre como agora el mío? Por cierto, los gloriosos santos que se deleitan en la visión divina no gozan más que yo agora en el acatamiento tuyo. Mas, ¡oh triste!, que en esto deferimos, que ellos puramente se glorifican sin temor de caer de tal bienaventuranza, y yo, misto me alegro con recelo del esquivo tormento que tu ausencia me ha de causar.



CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
ALUMNADO: 3º /4º ESO. BACHARELATO. PROFESORADO
COORDINADORA: CHUS MÉNDEZ
PROPOSTA DE LECTURA: Un animal chamado néboa. Ledicia Costas
A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.Un animal chamado néboa é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque USS Indianapolis, os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do Enola Gay forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.

11 de octubre de 2015

LEDICIA COSTAS. PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

A galega Ledicia Costas logra o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.



BIBLIOTECARIOS/AS ESCOLARES

Como no curso pasado, este ano tamén temos bibliotecarios/as escolares. Fixemos unha primeira convocatoria para apuntarse ao final de setembro. Ampliamos o prazo ata o próximo martes 20 de outubro, xa que sabemos que hai alumnos/as interesados en participar. Pasade pola biblioteca durante os recreos. Grazas pola vosa colaboración.






ESTAMOS DE VOLTA

Estamos de volta. Despois duns días de setembro de limpar, pulir e dar esplendor á nosa biblioteca, estamos xa a pleno rendimento. Así que vos esperamos para que disfrutedes connosco da lectura, da aventura, da palabra, de



Esperamos a colaboración de todos/as para as actividades que vamos a levar a cabo.
Comezamos.

6 de julio de 2015

BIBLIOTECA DE VERÁN

Poñemos punto e final a este curso, pero a Biblioteca segue aberta a través das suxestións de lectura que preparamos para vós e que deixamos tamén no blog.

Vémonos en setembro.

Bo verán e boas lecturas.




  • SUXESTIÓNS DE LECTURA PARA ADULTOS

 
  • SUXESTIÓNS DE LECTURA PARA ALUMNADO 




ENTREVISTA CON LAURA ANEIROS

Imagen

Entrevista, do 24 de xuño, con Laura Aneiros, autora de Mi vida en tus manos, publicada por Finis Terrae en 2013.

Estamos moi interesadas na celebración deste encontro coa escritora que descubrimos (con sorpresa) entre o profesorado do centro, onde impartiu clase de Tecnoloxía desde xaneiro.
Noelia Gómez, alumna de 2º de ESO-B, que cursa  Tecnoloxía, alumna e titoranda de Laura, conducirá esta entrevista, acompañada por Teresa L. Sancosmed, integrante do equipo de biblioteca.
NOELIA: Laura naceu o 25 de febrero de 1982 en Valdoviño. Sempre lle gustou a lectura, pero os seus estudos levárona por Ciencias e titulouse en Inxeniería Química. Empezou a traballar como profesora de Tecnoloxía. Trasladouse a en Ferrol e en Santiago de Compostela para cursar esta especialidade. A pesar de dirixir  a súa formación ao mundo da ciencia, foi unha apaixoada lectora desde que era pequeña. Atreveuse a posicionarse desde outra perspectiva e creou a novela Mi vida en tus manos, que publicou en 2013.
Teresa L. Sancosmed: Podemos comezar, se queres, facendo unha reflexión sobre o proceso da escrita, que lle pode interesar ao alumnado que se acerque a ler esta novela.
NOELIA: Cando naceu o proxecto de escribir esta novela? Sorprendeunos atopar  unha profesora de Tecnoloxía escritora…
LAURA: Non era un obxectivo escribir unha novela. Sempre me gustou escribir, desde adolescente, pero escribía relatos curtos. No último curso de carreira, tiña máis tempo libre, empecei a darle voltas a unha idea, e o resultado é o que estades vendo.
NOELIA: Tiñas claro o tema do que querías falar?
LAURA: Non. Empecei a escribir a partir dunha idea, pero despois vai evolucionando a medida que avanza a novela. A idea inicial e a idea final entón non teñen moito que ver. Iso obriga a tirar a papeleira de reciclaxe avances dos últimos días que ves que non che conducen onde ti queres levar esa historia.
NOELIA: O proceso de escritura leváchelo en secreto ou preferiches comentalo con alguén?
LAURA: Foi en segredo no sentido en que non o consideraba importante como para comentalo, pero non voluntariamente porque considerase que estaba facendo unha actividade que requerise nada…
NOELIA: Canto tempo che levou?
LAURA: Pois non o sei. Para escribir tes unha data de inicio, que é computable; pero non tes unha data para finalizar.
Teresa L. Sancosmed: Non tiñas presión por parte da editorial?
LAURA:Non, non. Esta novela estivo moitos anos nun caixón, porque a miña pretensión non era presentala a unha editorial. Non, eu escribía porque me apetecía escribir naquel momento.
NOELIA: Que foi o máis difícil mentras ías escribindo?
LAURA: O máis difícil… A novela ten dúas partes. A primeira é moi descritiva (ao mellor demasiado incluso), pero eu quería detallar moito todas as imaxes que eu ía creando na miña mente. Entón eu tiña un escenario e uns personaxes moi, moi claros; e quería transmitilo. Para iso tes que recurrir a ese tipo de literatura descritiva, con moitos calificativos. Despois, eu doulle moi importancia aos sentimentos e as emoción. Entón para transmitir eses estados anímicos esa era a única maneira que eu cría que podía chegar.
NOELIA: Tes outros proxectos? Hai outra novela nalgún caixón?
LAURA: Teño iniciadas un par de cousas, si. A ver se agora no verán con máis tempo… Durante o curso é difícil centrarse, desconectar...
NOELIA: Foi difícil atopar unha editorial para publicala?
LAURA: Si. No momento no que o vin aí, impreso en formato papel (eu llo dera a algún familiar para ler), pensei -eu leo moito, moito- : “por que esto non pode estar á disposición de posibles lectores?” Gústame dar unha oportunidade aos lectores noveis. Eu experimentei a dificultade que supón que moitas editoriais pidan o manuscrito e un currículum literario. Teño publicado en revistas científicas, pero non ten nada que ver con isto. A maior dificultade radica en ser escritor novel, en que xa non valoran a calidade da obra (porque me parecería moi lícito que considerasen que, baixo os seus criterios, non se adaptase a liña editorial ou que non reunise uns mínimos). O máis doloroso é ser novel, non ter nada publicado e ver que che cerran a porta.
Teresa L. Sancosmed: Actualmente é un mundo moi pechado…
LAURA: Moi hermético.
NOELIA: Unha autora ten capacidade de decisión sobre a edición? Puideches, por exemplo, escoller a foto da portada?
LAURA: A min propuxéronme unha corrección da obra, suxerindo algúns cambios; aceptei algún pero outros non. Tiven eu a autoridade para escoller. En relación coa portada, propuxéronme varias opción e eu escollín a que me pareceu que se adaptaba mellor ao contido lo libro. Porque a portada é importantísima; é a carta de presentación do libro.
NOELIA: Que autoras ou autores che interesan como escritora? E como lectora?
LAURA: Como escritora e como lectora, xa dixen que me gustaba dar opción a escritores que non son moi coñecidos. Escollo por xéneros, non tanto por autores. Gústanme as novelas actuais, que traten temas cos que me poida sentir identificada, cos que dalgunha maneira poida empatizar. Gústanme moito biografías de mulleres que viven en culturas diferentes, porque che axuda a aprender e iso enriquece a unha persoa. A historia, por exemplo, dunha rapaza que foi sometida a unha mutilación en Kenia, aínda que a vexamos como algo lonxano está pasando a día de hoxe no mundo; ás veces tampouco o queremos ver....
Teresa L. Sancosmed: Falabas de xéneros. A cales te ceñirías, por exemplo?
LAURA: Máis que escoller, eu descartaría. Non me gusta moito a novela histórica. Só me gusta cando cobran moito protagonismo as personaxes; cando te sitúan nunha época, pero tamén levan o peso da trama; se non son descritivas. Tampouco me gustan as do oeste. Gústanme as historias románticas. Sempre é agradable que che fagan esbozar un sorriso de complacencia.
NOELIA: Que che interesa máis do feito de escribir?
LAURA: En que aspecto? Non o fago lucrativamente. Escribo porque me gusta. Igual que me gusta ler, gústame escribir. O que pasa é que cando escribes tes moito poder, porque estás creando os personaxes que ti queres, fas que a  súa viada vaia polos derroteros que ti queres… Tamén me gusta xogar con esa cuarta dimensión, que é un abano moi amplo de posibilidades, porque non temos ningunha referencia do que sucede e iso che dá liberdade. Aproveitei o paranormal, un mundo inmaterial, para mostrar un paralelismo entre dúas vidas en principio totalmente diverxentes, pero que tiñan un fío en común: non ser donas das súas vidas. Valinme diso, pero a historia non se centra niso.
Teresa L. Sancosmed: É interesante o que dis sobre o poder de quen escribe.
LAURA: O que xa é moi agradecido é crear oo libro que a min me gustaría ler. Cando ves que hai persoas que o len e que che din que lles gustou, ves que conectaches con alguén máis.
Teresa L. Sancosmed: Ou que non lles gustou, pero o leron; que se abren a ese universo  e teñen algo que decir, non?
LAURA: Eu creo que este libro invita á reflexión. Ese era o meu obxectivo, que se ve xa no título: Mi vida en tus manos. A miña vida non debe estar en mans que non sexan as miñas.
NOELIA: Como definirías o teu estilo?
LAURA: Pois non sei como definilo. Realmente escribo o que me apetece escribir. Non me cingo a ningunha regra. Escribo o que me apetece.
Teresa L. Sancosmed: Pero es consciente de que hai en ti un desexo de estilo, ou non? Hai unha búsqueda?
LAURA: Sei que talvez peco de  darle moita importancia aos sentimentos de cada personaxe, de estar na posición do que sabe o que pensa e do que sinte cada un deles.
Teresa L. Sancosmed: Podemos pasar agora a falar da trama.
NOELIA: Por que elexiches este título?
LAURA: Polo que comentaba anteriormente. Incita a reflexión que se vai desgranado no interior da obra. Vivimos nun mundo que nos obriga a correr. Moitas veces non disfrutamos de cousas moi pequeniñas, como pode ser compartir un café con un amigo. Creo que debemos pararnos a pensar que a nosa vida ten un inicio e un final e que o que imos levar son pequenos momentos. A sociedade nos obriga case a ser perfectos. Parece que un erro é un drama, pero hai que tomalo como unha situación que nos faga fortes, non algo que nos  martirice. O último capítulo define moi ben o que é toda a historia: temos dereito a equivocarnos, a tomar as nosas propias decisións, sendo conscientes de que ás veces non serán as apropiadas; pero, ao final, o camino da nosa vida escribímolo nós.  
NOELIA: Os capítulos 1 e 23 comenzan igual. É para selar a aventura e evolución de Mónica?
LAURA: Pois si. Está feito a propósito. A novela empeza un día normal, como un de tantos. Nese círculo vicioso no que se convertirá a súa vida, sen diferenciar un luns dun martes, no último capítulo hai un atisbo de cambio.
NOELIA: Por que te inclinaches por un tema tan de actualidade entre os adolescentes como está a ser o asunto das aparicións, das pantasmas ou dos médium?
LAURA: Xa vos dixen que este libro levaba anos nun caixón. Esta moda veu a posteriori. Foi curioso saber que tiña algo aí e que cando saiu á luz había series de televisión e autores enfocados neste tipo de novela. Pero non foi buscado voluntariamente.
NOELIA: A min recórdame a serie de Telecinco El don de Alba, pero podemos citar tamén Entre fantasmas ou Médium. Inspirácheste nalgunha delas?
LAURA: Non, non.
NOELIA: Aparece tamén o tema do amor. O conxunto destes dous temas pode parecer un pouco comercial. Ti que opinas?
LAURA: Creo que a vida sen amor é unha vida baleira. Sexa amor de parella ou doutro tipo. Unín dous temas que me atraen moito como lectora e construín esta historia.
NOELIA: É unha novela de misterio?
LAURA: En certo modo, si. O desenlace non se coñece ata as últimas páxinas. Vou dirixindo ao lector por onde eu quero. E o lector non espera ese final.
NOELIA: Eu vexo pouca acción nela. Os personaxes pasan o tempo pensando  e falando. Temos que esperar moitas páxinas para ver un pouco de acción. Por que?
LAURA: Polo que comentei. Quería situar moi ben o lugar, os personaxes. Quería que o lector se puidese facer unha imaxe o máis leal aos meus pensamentos. Só despois empeza a acción. É certo. Hai unha primeira parte moi descritiva. Vén despois unha maior dinámica.
NOELIA: Poderiamos considerala unha novela satírica ou de humor? Por que?
LAURA: Eu creo que non.
Teresa L. Sancosmed: Esperamos tanto, hai tan pouca acción e o desenlace se desencadena tamén a través do diálogo (asistimos a través dos ollos de quen o ve e nolo conta), nun momento dado pregunteime se podía haber unha intención satírica, se pretendías facer un guiño ao lector parodiando as novelas que precipitan o final, de forma rápida, concentrado case nun único capítulo. Ver descolgarse pola ventá a uns personaxes fai rir un pouco. A min me fixo pensar nesta posibilidade.
LAURA: Realmente non, pero o lector tamén saca as súas impresións.
NOELIA: Temos que vela como unha novela de denuncia social?
LAURA: É unha boa pregunta. Ao mellor si: unha denuncia da sociedade na que nos vemos obrigados a vivir, na que só se valoran os méritos. A familia vive de cara á galería, despreocupada dos sentimentos da súa filla. É máis importante a imaxe que den cara afora.
NOELIA: Centrándonos  nos personaxes, cal foi o que che resultou máis difícil de construír? Por que?
LAURA: Ningún. Como os vou levando por onde quero, non me custa. A raíz de publicar, tiven a ocasión de falar con escritores, algún moi coñecidos, que me comentan que eles se poñen a escribir sempre que teñen un anaco de tempo. Eu así non podo. Nun ratiño eu non escribo nada, porque para centrarme necesito tempo. Como me poño na pel de cada personaxe, sufro o que está a sufrir, padezo o que está padecendo e se se divirte tamén me divirto con el. Entón non me resulta complicado crear ningún deles. Aínda que con algún non coincido en nada, evidentemente. Non me identifico con ningún tampouco. Porque me teñen preguntado se era autobiográfica. Non, non é. Por sorte, diría eu non o é. Porque calquera das vidas que aparecen reflectidas na obra teñen as súas cousas.
NOELIA: Cal é o teu preferido?
LAURA: Eu creo que Mónica. É co que comenza e co que remata. É tamén ao que lle dediquei máis horas.
NOELIA: Os lugares da acción son cercanos para os lectores. Podes comentarnos algo sobre eles?
LAURA: Partín de ciudades coñecidas para nós, que vivimos onde vivimos, pero non se trata de lugares concretos. A cafetería que frecuenta Mónica non a coñezo, creeina eu. Parto de lugares que permiten coñecer algo do noso. Parece que sempre nos situamos en comunidades ou países… Esta é unha historia que lle podería pasar a calquera…
Teresa L. Sancosmed: Esto é o que se nos foi ocorrindo preguntarche. Non sei se ti queres comentar algo máis sobre algún aspecto polo que non che preguntaramos.
LAURA: Quero agradecer o esforzó que fixestes para preparar a entrevista, ler a obra, analizala minuciosamente para abordar cada unha das cuestión. Sei que leva moito tempo. Eu invitaría a lela. Ao mellor son idades moi tempranas para entendela. Teño a impresión de que Noelia non a entendeu totalmente. Aínda non tivo experiencias como para empatizar con situacións…
Teresa L. Sancosmed: Estás de acordo, Noelia? Que pensas ti desto? Comentárasme que si che gustara… por dous aspectos. Cales eran? Lembras? O tema doo misterio…e o tema do amor, o cambio que experimenta a protagonista… Outros matices, ao mellor non.
NOELIA: Ah si…
LAURA: Se esta novela a les dentro de cinco ou seis anos, cando xa terás moitas vivencias acumuladas, daraste de conta de detalles que se che pasaron por alto nun inicio, que te farán pensar en situación semellantes que ti viviches. Me refiro a esto. A nivel de léxico e expresións é asequible. Como invita a reflexión, quizás hai que ter un grao de madurez e eso dacho a vida..
Teresa L. Sancosmed: Eu invitei a Noelia a facer unha doble valoración crítica, a destacar aspectos positivos e negativos. Preparando esta entrevista, comentábame entón a excesiva extensión dalgúns capítulos.
NOELIA: Si, son os capítulos 11 e 20.
LAURA: Non encontrei a maneira de dividilos. É certo que os capítulos teñen  extensións moi dispares Non fun capaz de atopar o punto de ruptura onde me interesaba. A nivel crítico, os primeiros capítulos osn demasiado descritivos. Se os tivera que escribir agora, seguramente faría cambios. Pero todos os escritores opinamos igual. É un tema que tratamos nalgunha Feira do Libro. Hoxe escribes algo, a ti che gusta o resultado, pero o colles dentro de dous anos e Farías cambios, pola nosa propia evolución. A día de hoxe faría cambio, é certo; pero non quero decir con esto que cambiase a trama.
Teresa L. Sancosmed: Na miña opinión, a lectura faise moi lenta. Hai acción, pero está concentrada ao final. Hai moita descrición ao principio. A min custoume entrar nela. E sobre todo falan moito, pensan moito os personaxes. Creo que este é o punto débil da novela. Pero, bueno, son estilos…
LAURA: Claro. Eu non buscaba para nada unha novela de acción. Por eso hai aspectos que fan que non sexa unha novela dinámica. Pero agora que xa pasou un tempo desde a publicación, eu fago un balance positivo. Estou contenta co resultado. É a miña primeira novela extensa, con 23 anos… Fago unha valoración positiva. Evidentemente axuda a aprender. Na seguinte o que non me gusta nesta intentarei cambialo.
Teresa L. Sancosmed: Eu creo tamén que tes rasgos de estilo. Non coñezo outros escritos teus, entón non o podo ver; pero observo que che gustan as estruturas bimembres. Vas agrupando verbos, adxectivación, expresións… nun pensamento dual.
LAURA: Pode ser. Non me enterei.
Teresa L. Sancosmed: En todo caso, foi unha experiencia interesante. A ver se a repetimos, porque hai tempo que queriamos ter encontros con escritores. Moitas grazas. Que che vaia moi ben no teu próximo destino e moito ánimo para continuar por esta senda que se che abriu e que poidas contar con Finis Terrae para próximos proxectos.
LAURA: Agradecida a vós.
Teresa L. Sancosmed: Moitas grazas tamén, Noelia. Sei que foi un esforzo para ti, neste último trimestre. Pero agradezo a túa axuda. Non ten interese unha actividade de biblioteca que non conte co alumnado…
Noelia, tímida e nerviosa, sorrí.