26 de mayo de 2015

PARA RIR A CACHÓN

O próximo venres 29 de maio temos teatro na biblioteca durante os dous recreos. 

 

 O grupo de teatro do profesorado do instituto convídanos á representación. Non faltedes. O aforo será limitado así que, dádevos presa.


SORTEO LIBROS PARA VOAR

No sorteo realizado hoxe de LIBROS PARA VOAR resultaron gañadores

SARA GARDA RÍOS 1º BAC A
SAMUEL QUIROGA GONZÁLEZ 2º ESO C

19 de mayo de 2015

LIBROS PARA VOAR DA SEMANA

Aquí están os gañadores de LIBROS PARA VOAR desta semana


MIGUEL A. SÁNCHEZ GONZÁLVEZ 1º ESO A
SOFÍA PARDO LOUREIRO 1º ESO A

ADÁN E EVA NO PARAÍSO?



CLUB DE LECTURA (AGRA DOS LIBROS)

Adán e Eva ... no Paraíso?

           Os membros do Club de Lectura Agra dos Libros lemos fragmentos de dous libros complementarios de Mark Twain: Diario de Eva e Retallos do diario de Adán. Neles faise unha reflexión humorística moi divertida sobre os pensamentos de Adán e Eva cando se coñecen e empezan a convivir.
            Que pensarías ti de Adán ou de Eva se foses ata ese momento a única criatura do mundo?
           


REFLEXIÓNS DE ADÁN

   Cheguei a un lugar diferente e foi unha sorpresa encontrar a outro ser coma min, aínda que non exactamente igual. Tiña pequenas cousas que me provocaban medo. Enriba da cabeza tiña algo longo, moi longo, dunha bonita cor. Nos grandes círculos polos que vía tiña estraños cristais e unhas pestanas máis longas cás miñas. Outras das súas características non me gustaban tanto, como o seu comportamento. "Iso" pensaba que todo era seu, e collía as miñas pertenzas sen máis. Posuía máis coñecementos ca min, e moitas habelencias das que eu carecía. Pero noutras cousas eu son mellor. Ós poucos empecei a coñecela e deime de conta de que non estaba tan mal.

                                           
                                                                                                                              Jessica  Vásquez



O QUE PENSA EVA

         Cando o vin  pensei que ese ser era un réptil, unha ave ou unha nova especie.. "Iso" estaba en pelotas. Quería velo, pero tampouco quería. Empeceino a mirar. Cada vez parecíame máis interesante. Quería saber máis dese animal novo.
         Achegueime a "iso", e o único que facía era correr. E pensei que era ou unha avestruz ou un leopardo. Pero como andaba a dúas patas máis ben me pareceu avestruz.
  
 
                                                                                                                              Iria Boza 



       Espertei con  ese animal diante miña, nunca antes correra tan rápido, porque, a verdade, case nunca correra. Comecei a observar os seus actos. Hoxe marchou cazar e aproveitei para entrar nunha especie de acubillo. Prepareino para "nós" os dous.
       Cando chegou quíxome botar, mais eu resistinme ata que ameazou con comerme. Volvín liscar de alí. Mañá volverei intentalo.


                                                                                                                              Noelia Loureiro 



         Cando vin a Adán pareceume un ser raro. Non quere estar comigo, sempre intenta escapar de min. O único que fai é cazar presas para comer. Eu collo froita. Para Adán eu non son unha persoa coma el, senón un animal, pero non intenta cazarme. Cando fala faino en singular, como se eu non estivese.

                                                                                                                                 Patricia Suárez 




          E de súpeto, da nada,  apareceu un animal que non sabía facer nada. Era demasiado pasivo e non lle gustaba axudarme. Eu tíñalle que mandar facer as cousas, pero el quéixabase por todo. Non había nada que lle gustase facer, o único comer e durmir. Pero tiñamos que convivir, porque Deus o decidira así.
         Cando pasaron uns días tiven que falar con el, e descubrín que nalgúns aspectos asemellábase moito a min. O que eu non sabía era que, tempo despois, iamos vivir xuntos, a grazas a nós íase crear o  mundo.


                                                                                                                                 Patricia de la Iglesia

18 de mayo de 2015

NOVA PROPOSTA PARA O CLUB DE LECTURA


Despois de unha xuntanza moi interesante sobre El coleccionista de relojes extraordinarios de Laura Gallego, xa temos unha nova proposta de lectura para acabar o curso. Uxía Cotelo propuxo a lectura dun clásico de Agatha Christie, Diez Negritos.

 






Se tivésemos tempo, estaría moi ben poder ver a versión cinematográfica .






 

Vémonos o xoves 11 de xuño.
Boas e doces lecturas!!!!!!!!!!!!!!!!!!



12 de mayo de 2015

TEMOS UNHA CITA CO COLECCIONISTA DE RELOXOS EXTRAORDINARIOS



Non olvidedes que nos reunimos o xoves 14 no segundo recreo para o club de lectura de adultos. Será unha reunión doce e doce a lectura.

SORTEO LIBROS PARA VOAR

 



No sorteo realizado hoxe os agasallados cun  libro son:

FRANCISCO JAVIER AYALA ESMORÍS 2º BAC A
HUGO LOUREIRO CASAL 1º BAC B


Están na biblioteca esperando a que viñades a recollelos

5 de mayo de 2015

SORTEO LIBROS PARA VOAR

No sorteo realizado esta mañá resultaron gañadores 
dun libro

ERIC GARCÍA REY 1º ESO C
JUAN ANTELO VARELA 2º ESO C


 
 
Pasade a recollelos pola biblioteca antes de que saian voando