16 de enero de 2016

ENTREGA DE AGASALLOS. FOTOS CON PÉS NA RÚA

Onte fixemos entrega dos agasallos aos gañadores da actividade FOTOS CON PÉS NA RÚA. Agradecemos o entusiasmo e a disposición que manifestan sempre estes alumnos e alumnas en todas e cada unha das actividades que se lle propoñen. Que agradable resulta contar coa vosa colaboración! Grazas sempre.


 

12 de enero de 2016

CLUB DE LECTURA. ALICIA CUMPRE 150 ANOS

Alicia cumpre 150 anos e nos clubs de lectura queremos celebralo con ela. Por iso escollemos estas estupendas edicións para a ocasión. Xa están á vosa disposición. Pasade a recollelos pola biblio.


 

10 de enero de 2016

FOTOS CON PÉS NA RÚA

Xa estamos de volta.
E para rematar cos temas pendentes, o próximo venres 15 de xaneiro, no segundo recreo, faremos entrega do premio da actividade FOTOS CON PÉS NA RÚA. Aquí tedes a fotografía dos artísticos gañadores.