27 de marzo de 2015

CLUB DE LECTURA. VÉMONOS O XOVES 9



Non olvidedes que quedamos os do club de lectura o próximo xoves 9 de abril no primeiro recreo. Con Kafka e a boneca viaxeira.
Boas vacacións e boas lecturas.


26 de marzo de 2015

RECITAL POÉTICO. UN MUNDO DE POESÍA

O mércores 25 celebramos o Día da Poesía na biblioteca cun recital poético. Moita poesía para compartir en moitas línguas. Grazas a todos/as pola participación.
Aquí vos deixamos un vídeo de mostra.





18 de marzo de 2015

PROPOSTA PARA O CLUB DE LECTURA

Aquí tedes a nova proposta para o club de lectura. Animádevos a participar. O exemplar do libro será para o lector/a participante.

Kafka e a boneca viaxeira
Jordi Sierra i Fabra

 
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2007
Seleccionado para a Lista de Honra do IBBY 2012 na modalidade de tradutores


Un libro que contaxia emoción e paixón pola literatura

Velaquí un libro que fala dun misterio: o que xunguiu o escritor Franz Kafka cunha nena que perdera a súa boneca. Para consolala, o grande escritor foille contando, a través de cartas, o periplo polo mundo da boneca perdida. (Editorial Galaxia)

RECITAMOS O 25 DE MARZO

Debido á coincidencia de varias actividades o xoves 26 de marzo, adiantamos o recital poético ao mércores 25. Esperámosvos.