16 de diciembre de 2015

UNHA EXPOSICIÓN IMPRESCINDIBLE

  • Manuel Pailós, s/t. Técnica mixta sobre táboa, Colección Afundación

 Luís Seoane, «Muller con chal». Óleo sobre lenzo, Colección ABANCA


 Mario Granell, «La familia del guerrero». Óleo sobre lienzo, Colección Afundación.


Isaac Díaz Pardo, s/t (retrato de catro personaxes). Óleo sobre lenzo, Colección ABANCA


Do 19 de novembro ao 30 de xaneiro a Sede Afundación da Coruña acolle a exposición «A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración», que nos achega a arte realizada por creadores galegos desde fóra de Galicia, en América e Europa, ao longo de boa parte do século XX.

O horario da exposición é de luns a venres de 17.00 a 21.00 e sábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h.

A exposición atende a tres núcleos fundamentais: a presenza da emigración na obra de Castelao como tema social e cultural na Galicia das primeiras décadas do século XX; os artistas exiliados en América tras a guerra civil; e as novas xeracións formadas na posguerra que encabezaron unha nova diáspora, esta vez dirixida cara ao centro do sistema cultural dominante, Madrid.

A Área Educativa de Afundación organiza a carón desta mostra tres visitas-obradoiro orientadas a escolares de todos os ciclos educativos, e tamén visitas comentadas e obradoiros para grupos e colectivos de todas as idades, adaptadas ás necesidades e inquedanzas dos usuarios.
Ademais, visitas comentadas de asistencia libre os mércores e os venres ás 19.00 h.