25 de febrero de 2016

A FEBRE DO VOLFRAMIO


Velaquí un arquivo sonoro da febre de volframio en Bergantiños, realizado por  Nicolás Rodríguez Vilariño, David Fernández Varela e Marco Cotelo Mañana, alumnado de 4º ESO C. 
É un interesante testemuño vivo da nosa historia recente. A relatora é María Lobera de 82 anos, da parroquia de Rebordelos (Razo).


 


24 de febrero de 2016

LIBROS VOADORES





No sorteo de libros voadores desta semana resultaron premiados: 
ALEJANDRO RODRÍGUEZ SÁNCHEZ  3º ESO C
ELOY DÍAZ RODRÍGUEZ 3º ESO D

19 de febrero de 2016

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS. A VOLTAS CON ALICIA

No club de lectura de adultos xa rematamos con Alicia, pero aínda nos queda unha reunión o próximo luns 22 de febreiro no segundo recreo. Para profundizar e reflexionar convidámosvos a que entredes neste enlace 
ALICIA

18 de febrero de 2016

CONCURSO DE MICRORRELATOS IRRACIONAIS

O departamento de Matemáticas organiza o I CONCURSO DE MICRORRELATOS IRRACIONAIS. Aquí vos deixamos a convocatoria. Animádevos a participar.


17 de febrero de 2016

COMEZAMOS A ENREDAR CON ROSALÍA

Visibilizade o Día de Rosalía cunha poesía, acompañada dunha camiseta, chapa, fotografía.... 

                                        Que día? 
                          O 24 de febreiro, mércores
                                 Antes do mediodía...

ANTICIPANDO O OBRADOIRO CON DORES TEMBRÁS

 Aquí vos deixamos un audio con Dores Tembrás para animarvos a participar no obradoiro poético do día 29 de febreiro.

 


 DORESTEMBRÁS

16 de febrero de 2016

LIBROS VOADORES

 



 Acabamos de realizar o primeiro sorteo dos libros voadores. Aquí están os galardoados:

JOAQUÍN  EMENENTI RIVERA 1º BAC B
RUBÉN CALVETE COTELO 1º ESO B

10 de febrero de 2016

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA. ALICIA ESPÉRAVOS

Alicia espera aos membros menudos do club de lectura o próximo xoves 25 de febreiro no segundo recreo. 
Non vos esquenzades.


OBRADOIROS POÉTICOS CON DORES TEMBRÁS

Estamos preparando unha actividade de creación literaria para o luns de 29 de febreiro. 
   
Trátase de dous obradoiros poéticos con Dores Tembrás destinados ao alumnado de:
  • Alumnado voluntario de 1º ESO, de 12.50 a 14.30 h. 
  • Alumnado voluntario de 4º ESO, de 16.20 a 18.00 h. 
A inscrición  realizarase na Biblioteca a partir do día 11 de febreiro. Só se admitirán 25 inscritos/as en cada nivel, por rigorosa orde de matrícula.

Aquí vos deixamos información sobre Dores.
http://www.dorestembras.com/





 Animádevos a participar!

2 de febrero de 2016

MOCHILA VIAXEIRA

O próximo día 15 de febreiro comezaremos coas mochilas viaxeiras. Estamos habilitando un espazo dentro deste blog para que os viaxeiros e viaxeiras, coas súas mochilas, compartan con nós a súa experiencia.
Aquí tedes  o logo e lema gañadores deste curso. Felicitacións a todos/as os participantes nesta actividade. Esperamos a vosa visita na biblioteca os luns nos recreos.

QUE DÍA? QUEN IRÍA?


ENREDANDO CON ROSALÍA

O próximo día 24 de febreiro estaremos na biblioteca ENREDANDO CON ROSALÍA. Esperamos que enrededes tamén. Estade atentos.