5 de marzo de 2015

PRÉSTAMO DE LECTORES DE LIBROS ELECTRÓNICOS

A Biblioteca pon a disposición dos usuarios/as en préstamo, cinco lectores de libros electrónicos. Aquí tedes a guía de uso



DÍA DA POESÍA

Para celebrar o Día da Poesía, o próximo 26 de Marzo levaremos a cabo un recital poético en varias linguas. Animádevos a participar!!!!!!!!
Podedes inscribiros na biblioteca antes do 19 de marzo.


3 de marzo de 2015

VÉMONOS O XOVES

Este xoves  5 de marzo temos dúas citas pendentes:


1º recreo: Fume de Antón Fortes e Joanna Concejo



 2º recreo:Vestido de novia de Pierre Lemaître



http://image.casadellibro.com/a/l/t0/78/9788420416878.jpg

 Non faltedes!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




24 de febrero de 2015

ROSAS PARA ROSALÍA

Estamos na biblioteca celebrando o día de Rosalía cun recitado poético. Abundante participación de rapsodas.

 Aquí tedes unha mostra fotográfica




















15 de febrero de 2015

ROSALIA MUSICADA


Negra sombra. Luz Casal e Carlos Núñez
 Maio longo. Carlos Núñez e Anabela
Adiós ríos, adiós fontes. Amancio Prada

 

Ninfa das frescas aguas. Roi Casal.  

Rosalía. Kadigb



24 DE FEBREIRO, DIA DE ROSALÍA

O MARTES 24 DE FEBREIRO celebramos na biblioteca o Día de Rosalía. Teremos recitado de poemas do concurso, versións musicados dos poemas e a entrega de premios. Traede unha rosa para Rosalía.

4 de febrero de 2015

FALAMOS DE VESTIDO DE NOVIA

Temos reunión do Club de Lectura de Adultos, Doces Lecturas, o próximo xoves 26 de Febreiro. Sabemos que estades lendo. Non deixedes de vir. Temos moito que falar.


18 de enero de 2015

CONVOCATORIA PARA O DIA DE ROSALÍA

Animádevos a participar no concurso de recitado de poemas de Rosalía que convoca a nosa Biblioteca para o día 24 de Febreiro. Aquí tedes a convocatoria



15 de diciembre de 2014

COA MOCHILA ANDAMOS DE NOVO

Comezamos coas mochilas viaxeiras de novo. 
A partir do 13 de xaneiro podedes pasar a recoller as mochilas. 
As recollidas faranse no 2º recreo e as devolucións no 1º recreo.
Animádevos a participar!
 
 Aquí tedes os alumnos gañadores do concurso de logo e lema da mochila viaxeira deste curso. Felicitacións a
1º premio: Ángela MARTÍNEZ CALVIÑO, de 1º ESO-B

2º premio: Ruth Dahiana RAMÍREZ BENÍTEZ, de 1º ESO-B




7 de diciembre de 2014

REGÁLAME UN LIBRO





Este Nadal queremos pedirche un regalo moi especial. Queremos un libro. O único que tes que facer é gravar un vídeo con unha recomendación de lectura para estas vacacións. Non haberá regalo mellor.
 Aquí poderedes ver as vosas recomendación.
E para que vos sirvan de inspiración, aquí tedes algunhas recomendacións





26 de noviembre de 2014

25N NOUTRAS BIBLIOTECAS

Aquí tedes algunhas das actividades que se levan a cabo con motivo do 25 N noutras bibliotecas escolares galegas