No concurso de caligramas organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá dentro das actividades do Proxecto Lector de Centro, resultaron premiadas:
Na 1ª categoría (alumnado de 3º e 4º ESO) foi premiada NEREA BALAY, de 3º PDC.
Na 2ª categoría (alumnado de Bacharelato), MARTA CHAN CAAMAÑO, de 1º BACH.
Estes son os resultados dos concursos do xoves 16 e venres 17 de abril.
FELICITACIÓNS A TODOS/AS OS PARTICIPANTES
No de Lectura de 1º ESO estes foron os resultados: 1º premio: María Calvete, de 1º A 2º premio: Jacqueline Mallo, de 1º B. 3º premio: Lucía Tuset, de 1º D
e finalista: Ana Martínez, de 1º C.
No de Lectura de 2º ESO, 1º premio: Carlota Millet, de 2º B 2º premio: Noelia Loureiro, de 2º D
Dentro das actividades do Mes do Libro queremos ofrecervos LIBROS PARA VOAR.
A partir de hoxe e ata final de curso sortearemos todas as semanas os libros que voan pola biblioteca. Estes libros foron agasallo do profesorado do centro e levan unha faixa elaborada por cada un deles.