Mañá mércores 21 reúnense na biblioteca os lectores e lectoras dos distintos clubs de lectura.
Para que vos poñades canto antes a ler, aquí van as propostas de lectura. Vémonos na biblioteca
CLUB DE LECTURA EN INGLÉS
ALUMNADO: 1º E 2º ESO
COORDINADORA: BEATRIZ EIROA
PROPOSTA DE LECTURA: A ghost of collection. Anne Stanmore
Who are the young boy and girl that appear in Miss Dodson's house and what are they looking for? Why do the boys at Harry's boarding school think he's crazy and why does a mysterious priest come to visit him? Who is the girl who haunts Sarah's new house and want to take control of her? Find the answers to these questions in
CLUB DE LECTURA EN GALEGO
ALUMNADO: 1º E 2º ESO
COORDINADORAS: MARISA FARIÑA E TERESA FIAÑO
PROPOSTA DE LECTURA: Escarlatina, a cociñeira defunta . Ledicia Costas
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un
curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de
Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un
megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre
negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha
cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un
arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres
novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os
defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén
coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de
moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos
vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de
humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo
mundo da cociña.
ALUMNADO: BACHARELATO
COORDINADORAS: TERESA LÓPES SANCOSMED
PROPOSTA DE LECTURA: La Celestina. Fernando de Rojas
En esto veo, Melibea, la grandeza de Dios
.MELIBEA.
¿En qué, Calisto?
CALISTO
En dar poder a natura que de tan perfecta hermosura te dotase, y hacer a mí, inmérito, tanta merced que verte alcanzase, y en tan conveniente lugar, que mi secreto dolor manifestarte pudiese. Sin duda, incomparablemente es mayor tal galardón que el servicio, sacrificio, devoción y obras pías que, por este lugar alcanzar, yo tengo a Dios ofrecido. ¿Quién vido en esta vida cuerpo glorificado de ningún hombre como agora el mío? Por cierto, los gloriosos santos que se deleitan en la visión divina no gozan más que yo agora en el acatamiento tuyo. Mas, ¡oh triste!, que en esto deferimos, que ellos puramente se glorifican sin temor de caer de tal bienaventuranza, y yo, misto me alegro con recelo del esquivo tormento que tu ausencia me ha de causar.
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
ALUMNADO: 3º /4º ESO. BACHARELATO. PROFESORADO
COORDINADORA: CHUS MÉNDEZ
PROPOSTA DE LECTURA: Un animal chamado néboa. Ledicia Costas
A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode
medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser
humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir
comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra
Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns
deles resultan imposibles de dixerir.Un animal chamado néboa é un libro
de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes
acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de
Leningrado, o naufraxio do buque USS Indianapolis, os métodos de tortura
da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade
das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do Enola
Gay forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro.
Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o
contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do
comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á
condición humana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario